GALEGO DE MONTAÑA E MÁSTER DE CLUBS

GALEGO DE MONTAÑA E MÁSTER DE CLUBS

Na fin de semana do 17 e 18 de xuño, ademáis do Campionato Galego de Clubs sub14, celebráronse o Campionato Galego de Montaña e o Campionato Galego Máster de Clubs ao Aire Libre. O primeiro realizouse na localidade ourensá de Esgos e o segundo foi nas pistas do CGTD de Pontevedra.

No Campionato Galego de Montaña o noso atleta Javier Paredes logrou o 5º posto na clasificación xeral e o 1º posto M40.

Na Copa Xunta de Galicia de Clubs Máster participamos co equipo masculino e feminino no que foi unha nova xornada de competición e confraternización. O equipo feminino rematou na 4ª posición mentres que o masculino foi 8º. Podemos destacar a actuación de Sergio Herrería con 5.09 en lonxitude e 11.18 en triplo, e os 1:06.83 de Begoña Domínguez nos 400.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

CAMPIONATO GALEGO DE CARREIRAS DE MONTAÑA

V COPA XUNTA DE GALICIA DE CLUBS MÁSTER

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.