CAMPIONATOS INDIVIDUAIS NA FIN DE SEMANA

CAMPIONATOS INDIVIDUAIS NA FIN DE SEMANA

Ademais da liga de clubs, na mesma fin de semana disputáronse varios campionatos individuais de gran relevancia con presencia ourensanista: o Campionato de España Sub14, o Campionato Xunta de Galicia Sub 20, Sub 23, Absoluto e Máster de 10Km en ruta, e o Campionato Galego Máster.

No Campionato de España Sub14 celebrado en León a atleta Sheila Varela participou no triatlón E. Fantástica actuación a da nosa atleta que conseguiu tres mellores marcas persoais nas tres disciplinas das que consta o seu triatlón. Nos 80 metros logrou a primeira posición da súa serie cun rexistro de 12.27, na xavelina foi 4ª da súa serie con 19.68 e nos 2000 marcha gañou tamén a súa serie cunha marca de 11:17.65. Na clasificación xeral quedou en 18ª posición.

No Campionato Galego Máster 10K o noso atleta Benito Gómez foi o gañador na categoría M60 cun tempo de 40:46.

No Campionato Galego Máster os resultados foron os seguintes:

  • Antonio Touza 1º nos 400m M45 con 58.47
  • Antonio Touza 1º nos 800m M45 con 2:14.19
  • Julián Romero 5º nos 5000m M35 con 17:06.91
  • Saturnino González  nos 5000 M60 con 17:20.8
  • Sergio Herrería 1º na lonxitude M45 con 5.30
  • Sergio Herrería 1º no triplo M45 con 11.96
  • Julio Fernández 1º no disco M80 con 22.09
  • Julio Fernández 2º no martelo pesado M80 con 10.61
  • Carlos Morales 1º no 5000 marcha M35 con 29:05.58
  • Germán Quiroga 1º nos 5000 marcha M50 con 40:35.02
  • Emilia Mesa no martelo pesado W70 con 9.26. No martelo de 3kg non tivo o seu día e fixo tres nulos.
  • María Grande 2ª nos 5000 marcha W45 con 30:09.97
  • Soledad Pousa 1ª nos 5000 marcha W50 con 30:51.27

O resultado final é de 9 ouros, tres pratas e un quinto posto. Evidentemente un magnífico resultado.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

VII Campeonato de España Sub-14 Individual

XIV Campionato Xunta de Galicia Sub 20, Sub 23, Absoluto e Máster de 10Km en ruta

26º Campionato Xunta de Galicia Máster

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.