DE VOLTA AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS

DE VOLTA AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS

Este fin de semana celébrase o Campionato de España de Clubs de Segunda División, onde as nosas rapazas participarán no encontro A polo ascenso en Burgos o domingo 4, mentres que os rapaces disputarán o encontro B3 en Móstoles.

O equipo feminino vai loitar polo ascenso á Primeira División (categoría de prata do atletismo español) na que se disputan tres xornadas, sendo as dúas primeiras a dúas atletas por proba. Este sería un paso importantísimo na volta do Club Ourense Atletismo á elite española e lle daría tamén máis opcións competitivas a nivel estatal á fantástica canteira que temos. A disputa será moi dura nunha fase de ascenso que sempre se decide por un puñado de puntos. Partimos con opcións de quedar entre os dous primeiros clubs, postos que posibilitan o ascenso, pero será necesario que fagan o que mellor saben facer: dalo todo.

O equipo masculino competirá o sábado nas pistas de Móstoles. Se ben os encontros B da Segunda División non dan opción a ascenso, supón a volta dos dous equipos ao Campionato de España de Clubs despois de 11 anos. A xornada será a primeira participación nun campionato de España de moitos dos integrantes do equipo, experiencia que seguro que animará aos atletas máis novos a continuar no atletismo e loitar por ir acadando cotas maiores.

Somos actualmente un dos tres equipos de toda Galicia que ten aos dous equipos competindo en ligas nacionais, xunto co grupo Celta e a S.G. de Pontevedra. Xa somos un dos mellores equipos de Galicia e agora toca selo dos de España. Polo tanto, esta fin de semana, toca animar aos nosos equipos.

Poderanse seguir os resultados e ver a lista de inscritos nas seguintes ligazóns:

Campeonato de España Clubes Segunda División – Final B3 Hombres

Campeonato de España Clubes Segunda División – Final A Mujeres

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.