CARMEN ESCARIZ 20ª NOS EUROPEOS

CARMEN ESCARIZ 20ª NOS EUROPEOS

A atleta do Club Ourense Atletsimo Carmen Escariz logrou a 20ª praza no Campionato de Europa de marcha por equipos disputado esta fin de semana na localidade checa de Podebrady.

Carmen Escaríz, marcou un tempo de 1h.35:42, sendo a cuarta atleta do combinado español en cruzar a meta. Con este resultado, contribuiu decisivamente a que por equipos o combinado nacional lograra o cuarto posto tras Italia, Ucraína e Francia.

A atleta aproveitou a ocasión para pedir respeto pola disciplina da marcha atlética dende as súas redes sociais. A World Atlhetics propuxo este ano que en París 2024 se celebre unha marcha mixta por relevos sobre unha distancia total dunha maratón.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

European Race Walking Team Championships

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.