AS SUB20 BRONCE NO GALEGO DE CLUBS

AS SUB20 BRONCE NO GALEGO DE CLUBS

Bos resultados do Club Ourense Atletismo nos Campionatos Galegos de Clubs sub20 e sub16. Con todos os clubs posibles participando no campionato, destaca a actuación das rapazas sub20, que lograron o bronce. Os chicos da mesma categoría conseguiron o 6º posto, mentres que nos sub16 as rapazas lograron a 4º posto e os rapaces o 5º.

A nivel individual gañaron as súas probas Joel Alén en pértega sub16 con 2.85m, Hugo Fernández en lanzamento de martelo con 48.61, Nicolás Collazo do filial Ames en 5000 marcha cun rexistro de 24:06.58, Lrls Villar nos 1500 sub20 con 5:02.86 e Alba Arranz en disco con 33.69.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazón:

39º Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub16
39º Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub20

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.