
02 May II XORNADA TROFEO OURENSE ATLETISMO
Este luns primeiro de maio celebrouse a segunda xornada do Trofeo Ourense Atletismo Stores Persan, celebrada nas pistas universitarias do Campus de Ourense, Universidade de Vigo.
Nunha xornada de novo con moi bo tempo e boa participación, especialmente de atletas do noso club, os atletas gañadores ás mellores marcas por táboa IAAF foron:
– Lía Caride Arufe en categoría feminina con 59.55 nos 400m e 853 pts.
– Sergio Rodríguez Teixeira con 21.80 nos 200m e 953 pts, e ademais suponlle MMT.
Lembrar que na primeira xornada os gañadores foron Andrea Reija pola súa participación nos 100 valados e Diego Míguez en triplo salto.
Pola parte dos atletas do noso club, nesta xornada as mellores marcas foron as de Javier Trillo no 200 con 23.19 (769 puntos) e Leyla Villar nos 800 con 2:24.51 (765).
Tamén hai que destacar outra competición da fin de semana, xa que no XV 10 km. Concello do Porriño Begoña Domínguez Montes gañou a carreira absoluta dos 5km. establecendo o récord galego F-35 na distancia con 17:55 a falta de confirmación.
Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.