MULLERES BRONCE E HOMES QUINTOS NA COPA DE CLUBS

MULLERES BRONCE E HOMES QUINTOS NA COPA DE CLUBS

Os mellores prognósticos fixéronse realidade ao entrar as mulleres no podio co seu bronce na Copa de Galicia de Clubs e os homes lograr a 5ª praza. A xornada estivo marcada polo frío, a chuvia e o vento durante a maior parte da xornada, pero non foi quen de parar aos nosos atletas. O éxito estivo a piques de ser maior, posto que a diferenza das rapazas respecto ao segundo posto foi de dous puntos e mantiveron a segunda posición ata o remate da xavelina, última proba en rematar na xornada feminina.

Os rapaces comezaron con moita forza e estiveron loitando polo podio durante a mañá, pero as probas da tarde non estaban entre os seus puntos fortes. Aínda así, e cun rendemento igual de bo dos seus atletas, logrouse un folgado quinto posto xa decidido varias probas antes do remate.

Destacar tamén o terceiro posto na clasificación conxunta a un só punto do segundo clasificado, o Lucus Caixa Rural.

Os resultados por parte do noso club foron os seguintes:

Mulleres

– Martelo: 1ª Blanca Pereira Rubín (49.76)
– Lonxitude: 5ª Mara Ruiz Seara (4.80)
– 5.000 m. marcha: 1ª Carmen Escariz Mella (23:48.96)
– Pértega: 1ª Manuela Blanco Miguélez (3.15)
– Disco: 4ª Ana Raquel Revuelta Parra (30.50)
– 100 m.: 6ª Nayeli Iglesias Chávez (13.51)
– 400 m.v.: 3ª Arauia Al Bachere (1:08.45) do filial A Estrada
– 800 m.: 3ª Carla Ron Calvo (2:35.83) tamén do Atletismo A Estrada
– 4×100: 5ª Lara Vázquez, Ana Nóvoa, Nayeli Iglesias e Alba Arranz (53.27)
– Altura: Andrea Reija Torrón (1.66) do filial Xuncas Diversia
– 100 m.v.: 6ª Eva Gil Rivadulla (17.50) do filial A Estrada
– 400 m.: 7ªAnxela Seoane Rodríguez (1:07.33)
– 200 m.: 8ª Iria García Gil (29.5)
– Triplo: 1ª Alba Martínez Iglesias (13.59)
– 1.500 m.: 5ª Leyla Villar Abella (4:53.11)
– 3.000 m. obstáculos: 4ª Itzíar Manso Heras (12:46.72)
– 3.000 m.: 4ª Begoña Domínguez Montes (10:40.21)
– Peso: 3ª Alba Arranz Cabestrero (9.29)
– Xavelilna: 5ª María Villaverde Brea (23.49) do filial Ames
– 4×400: 5ª Iria García, Anxela Seoane, Alia Rama (Xuncas) e Bego Domínguez (4:30.53)

Homes

– Altura: 2º Diego Ares Tapia (1.78)
– Lonxitude: 6º Rodrigo Díaz Enríquez (5.61)
– 5.000 m. marcha: 4º Nicolás Collazo Santamaría (25:32.23) do filial Ames Atletismo
– Martelo: 4º Hugo Fernández González (42.32)
– 100 m.: 5º Pablo Álvarez Nogueira (11.48)
– Peso: 4º Alejndro Rodríguez López (10.20)
– 400 m.v.: 5º Javier Trillo García (1:00.16)
– 800 m.: 6º Martín Míguez Seara (2:04.47)
– 4×100: 5º Pablo Álvarez, Javier Trillo, Rodrigo Díaz e Mateo González (44.50)
– Triplo: 6º Samuel Banga Arancey (11.63)
– Disco: 8º Luis García Juegen (19.44)
– 110 m.v.: 7º Pablo Rodríguez Rodríguez (19.34)
– 400 m.: 6º Iago Saco Vilachá (53.07)
– 200 m.: 4º Mateo González López (22.53)
– Xavelina: 6º Martín Ruibal Rosende (39.21) do filial A Estrada
– 1.500 m.: 6º Alejandro Gerardo Cadaya Rodríguez (4:11.16)
– 3.000 m. obstáculos: 6º Alejandro López Silva (10:56.41)
– Pértega: 5º Joel Alén Ferreiro (2.65)
– 3.000 m.: 4º Juan Santiago Cacharro Rielo (9:12.23)
– 4×400: 6º Iago Saco, Martín Míguez, Martín Ruibal (A Estrada) e Alejandro Cadaya (3:38.95)

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XXXV Campionato Xunta de Galicia de Clubs Absoluto

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.