PREVIA COPA DE GALICIA DE CLUBS

PREVIA COPA DE GALICIA DE CLUBS

O día 22 disputarase nas renovadas pistas universitarias de Santiago de Compostela unha nova edición da Copa de Galicia de Clubs onde o Club Ourense Atletismo volve participar nas categorías masculina e feminina.

O equipo feminino intentará repetir o terceiro posto do ano pasado, ainda que resultará máis difícil debido á participación do Ría de Ferrol, club de División de Honra que o ano pasado renunciara a competir, e por algunhas baixas como a da velocista África Gómez. A pelexa polo podio prevese igualmente interesante, e parten con opcións de obter o máximo de puntos Andrea Reija do filial Xuncas Diversia en altura, Manuela Blanco en pértega, Blanca Pereira en martelo e Carmen Escariz en marcha.

Polo que respecta ao combinado masculino, se ben menos potente, presenta un equipo equilibrado con moitas opcións de mellorar o 8º posto do que parten por estadillo. Sen contar con opcións de vitoria claras, sí poderían quedar entre os tres primeiros Mateo González nos 200, Diego Ares en altura ou Alejandro  Rodríguez en peso.

Agardamos que sexa unha apaixoante xornada na que a nosa xente dará todo o que poida por deixar ao Club Ourense Atletismo o mellor clasificado posible na Copa.

Poderase seguir os resultados en directo na web atletismo.gal

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.