TODO LISTO PARA O TROFEO CLUB OURENSE ATLETISMO

TODO LISTO PARA O TROFEO CLUB OURENSE ATLETISMO

Este domingo 16 celebrarase nas pistas da universidade a primeira xornada do II Trofeo Club Ourense Atletismo – Strores Persan dende as 10:30 da mañán.

O trofeo, que contará con probas desde os sub8 ata a participación dos veteráns nas probas absolutas, está listo para converterse nunha festa do atletismo no concello e servirá tamén para irse poñendo a proba no inicio da tempada de aire libre.

Entre os atletas máis destacados, contaremos coa presenza de Aitor Fernández Gayoso do Super Amara BAT con 4.55 en pértega, Diego Míguez do Sada con 14.64 en triplo salto, Andrea Reija con 1.62 en altura, participando tamén nos 100 metros valos, ou Nerea Martínez nos 100 lisos con 12.68. Pola parte los locais, parten con moitas opcións de vitoria Javier Trillo nos 100 lisos coa súa marca de 11.56, Diego Ares con 1.84 no salto de altura, Alejandro Cadaya nos 3000 con 9:01.71, Leyla Villar tamén nos 3000 metros con 10:32.30, Manuela Blanco en pértega con 3.25 e Alba Iglesias en triplo con 10.89.

Poderanse seguir os resultados en directo na web da Federación Galega de Atletismo.

Pódese consultar o regulamento ao completo na seguinte ligazón: II Trofeo Ourense Atletismo – Stores Persan

Javier Trillo, Manuela Blanco e Leyla Villar con Helena Miguélez e Ángel Fidalgo

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.