BLANCA PEREIRA SUBCAMPIOA DE ESPAÑA

Blanca Pereira no podio do Campionato de España de lanzamentos longos de menores.

BLANCA PEREIRA SUBCAMPIOA DE ESPAÑA

Novo éxito de Blanca Pereira nun campionato de España, esta vez a pesar das adversidades físicas.

Competindo con problemas de saúde logrou un mellor lanzamento de 50.99 en lanzamento de martelo, o que lle permitu lograr a praza de subcampioa de España sub20. Non se lle podía pedir máis a esta atleta na súa participación en Castellón.

MÁIS PISTA NA FIN DE SEMANA

Ainda que o evento destacado foi o Campionato de España de lanzamentos longos de menores, déronse máis probas de pista na fin de semana.

En Vigo celebrouse o XXXIV Reconquista – Trofeo Antonio Fernández coa participación de varios atletas ourensanistas: Fernando Trapote quedaría 5º na súa serie dos 600m cun rexistro de 1:40.57, Alejandro Cadaya marcaría o segundo mellor tempo nos 3.000m parando o crono en 9:01.71 na mesma serie na que Enrique Martínez faría 9:24.40, Guillelme Castillo na outra serie dos 3.000m pararía o reloxo en 9:47.59, Hugo Fernández no lanzamento de martelo de 6kg enviou o artefacto ata os 51.93kg e nos 3.000m femininos Itzíar Manso logrou a 5ª posición cunha marca de 11:08.74, seguinda na 7ª posición de Paula Cabaleiro con  11:28.20.

Tamén se celebrou a primeira xornada da fase comarcal de Xogade en Ourense, estreando en varias disciplinas novo formato de competición na que se prima a parte máis lúdica do atletismo frente a competitiva. A participación foi moi ampla e nos primeiros postos quedaron Mauro Díaz (peso 2kg alevín), Naia Bermejo (80m. e xavelina infantil), Usúe Bernárdez (1.000m. infantil), Lucía Quintas (altura infantil) e Sofía Montoto (disco 800gr. infantil).

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campionato de España de inverno de lanzamentos longos de menores

XXXIV Reconquista – Trofeo Antonio Fernández

Xogade – Atletismo Pista – 1ª Xornada – Ourense 2023

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.