CARMEN ESCARIZ AO EUROPEO DE SELECCIÓNS

CARMEN ESCARIZ AO EUROPEO DE SELECCIÓNS

Como xa adiantabamos na crónica do seu séptimo posto no Campionato de España de Marcha en ruta 20KM, Carmen Escariz, ao conseguir a mínima europea, foi seleccionada oficialmente para acudir ao Campionato de Europa de Marcha por Equipos que se celebrará o domingo 21 de maio na cidade checa de Podebrady.

A atleta do Club Ourense Atletismo acompañará á tamén galega Antía Chamosa, a Mar Juárez e a Lucía Redondo nun conxunto con serias aspiracións ao podio.

Podes obter máis información sobre o campionato na seguinte ligazón:

WEB OFICIAL PODEBRADY 2023

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.