CRÓNICA DA FIN DE SEMANA

CRÓNICA DA FIN DE SEMANA

Repaso das actuacións da fin de semana con representación do Club Ourense Atletismo, de grande actividade atlética e que nos deixa moi bo sabor de boca.

Leyla Villar Abella logrou o terceiro posto coa selección galega no Campionato de España de Cross sub16 e sub18 individual e de seleccións, onde a nivel individual obtivo un fantástico 24º posto.

Leonor Leal Millares, a pupila do noso exatleta Aldo Bello, quedou subcampiona no lanzamento de xavelina sub20 cun mellor lanzamento de 27.18 no Campionato de Andalucía de lanzamentos longos sub18 e sub20.

Noutro campionato autonómico de lanzamentos longos, o de Castela e León sub16, sub18 e sub20, participou fóra de concurso Blanca Pereira no lanzamento de martelo onde rematou cun bo rexistro de 55.29.

Ana Isabel Soutullo participou no Campionato Galego de 5km Ruta Sub18, Sub20, Sub23 e Máster, quedando cun rexistro de 20:09 en 14ª posición na clasificación absoluta e 2ª na categoría W35.

Tamén tivemos participación na 15K nocturna Ourense organizada polo Banco Mediolanum na que Sonia Teijeiro foi a gañadora na categoría Máster B Feminino e 2ª absoluta, ao igual que Alejandro López quen gañou na carreira dos 5k na categoría Máster A masculina e foi  2º na absoluta.

Por último, destacar a nova xornada que viveron nas categorías escolares coa colaboración da Universidade de Vigo, nuns eventos non competitivos onde se puideron divertir xogando ao atletismo.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campeonato de España de Campo a Través Sub-16, Sub-18 e Inclusivo por FFAA

VIII Campeonato de Andalucía de Lanzamientos Largos Sub18 y Sub20

CAMPEONATO AUTONOMICO DE LANZAMIENTOS DE INVIERNO SUB16,SUB18 Y SUB20

15K Nocturna de Ourense Banco Mediolanum 2023

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.