CAMPIONATOS GALEGOS CHEOS DE MEDALLAS

CAMPIONATOS GALEGOS CHEOS DE MEDALLAS

Tres foron os campionatos galegos celebrados a fin de semana dos días 12 e 13 de marzo, ao térense dispitado o Campionato Galego sub16 de pista cuberta, o Campionato galego de 3.000 marcha en pista cuberta e o Campionato galego de clubs máster en pista cuberta. Todas estas celebracións foron disputadas no recinto de Expourense.

No Campionato Xunta de Galicia Sub16, celebrado o sábado 11, obtivemos 3 medallas de bronce grazas ás actuacións de Manuel Eirín González cun mellor lanzamento de 11.99 en peso, Susana Padrón con 3.000 cunha marca de 11:02.10 e Marta Quiroga en pértega cun mellor salto válido de 2.40.

Xa o domingo, no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Máster o noso equipo participou na categoría masculina conseguindo a séptima posición. Saturnino González foi quen máis puntos conseguiu para o club cun total de 7, ao para o crono en 10:25.55 nos 3.000 metros.

O maior número de medallas chegaría tamén o domingo co Campionato de Galicia Máster de 3.000 Marcha cun total de catro. María Soledad Pousa gañou en F-50 cun rexistro de 18:12.89 batendo o seu propio récord galego, María Grande Outomuro foi segunda en F-45 cunha marca de 17:52.68, Carlos Morales gañou en M-35 con 15:58.70 e Germán Quiroga foi 3º na categoría M-45 con 25:34.80.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

CAMPIONATO DE GALICIA SUB 16 PC

V COPA DE GALICIA DE CLUBES MASTER EN PISTA CUBERTA

CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER DE 3000 MARCHA

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.