COMPETINDO ENTRE O MELLOR DE ESPAÑA

COMPETINDO ENTRE O MELLOR DE ESPAÑA

Esta fin de semana celebrouse o Campionato de España sub18 en pista cuberta na cidade de Salamanca. A representación ourensana estivo conformada por Javier TrilloManuela BlancoLeyla Villar. Nos tres casos déronse boas actuacións, ainda que estas promesas do atletismo quedaran con ganas de máis.

Manuela Blanco foi a primeira participante, mellorando as súas actuacións en campionatos de España anteriores e facendo 3.31 metros. O salto nulo realizado na última altura válida fíxolle baixar dous postos e quedar en novena posición nun encontro cun nivel altísimo.

Nesa mesma mañán, Javier Trillo competiu na semifinal dos 400 metros. A carreira foi bronca e saíu perxudicado dos encontronazos producidos na búsqueda da posición unha vez chegada a zona de estaxe libre. Ainda así, logrou unha digna marca de 51.51, pero insuficiente para pasar á final. A súa posición visto o cómputo de semifinalistas foi de decimocuarto.

Á tarde do sábado competiu Leyla Villar nos 3000 metros. A atleta ourensá fixo unha carreira na que por momentos parecía que podería lograr a súa mellor marca persoal, pero nas últimas das 15 voltas que tiña que completar fallaron algo as forzas e rematou cun tempo de 10:53.52 na decimoterceira posición.

En resumo, ainda que quizáis faltase unha alegría máis destacada, foi unha actuación consistente de toda a representación do Club Ourense Atletismo e estamos seguros que aumentará a ambición destes atletas agora que se inician nas categorías realmente competitivas do deporte.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato de España sub18 de Pista Cuberta

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.