CRÓNICA DOS CAMPIONATOS GALEGOS

CRÓNICA DOS CAMPIONATOS GALEGOS

O primeiro fin de semana de marzo chegou con 3 campionatos galegos, o Campionato Galego de 10.000 m., o Campionato Galego de lanzamentos longos sub16, sub18 e sub20 e o de Campo a Través escolar.

No referente ao Campionato Galego de 10.000 metros, celebrado nas categorías absoluta, sub23 e máster, e xunto co Campionato Galego de 5.000 metros sub20 e sub18, participaron os nosos atletas Saturnino GonzálezJosé Benito Gómez na carreira de veteráns M60. As marcas de ambos atletas foron excelentes, logrando Saturnino o ouro cun tempo de 36:42.10 e Benito o bronce cun rexistro de 39:41.76.

No Campionato Galego de lanzamentos longos sub20, sub18 e sub16, obtivemos un total de 5 medallas con 5 participacións. Blanca Pereira relizou a mellor marca tempada no martelo, o que lle permitiu gañar a proba de martelo con 55.66 metros, Tamén foi marca persoal a de Alba Arranz na mesma proba de martelo, quen fixo 35.13 quedando terceira. Resultado similar ao do disco, no que Blanca gañou cun rexistro de 32.96 e Alba foi segunda con 32.71. No martelo masculino sub20 Hugo Fernández tivo un día desafortunado e realizou tres lanzamentos nulos. Mellor sorte houbo na xavelina sub16 onde Manuel Eirín quedou terceiro con 39.50 e Mauro Gómez ocupou a sexta praza cun mellor lanzamento de 29.96.

No Campionato de Galicia de campo a través escolar a participación de atletas do noso club foi numerosa. Os mellores postos foron os de Yahya El Mansouri co 18º posto alevín, Carla Nieto foi 24ª infantil, Walid El Mansouri 7º infantil e Susana Padrón 7ª cadete. Por equipos, fomos 5º nas categorías alevín masculino e infantil masculino, 7º en infantil feminino e 4º en cadete feminino.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub-20, Sub-18, Sub-16

Campionato de Galicia 10000 (Abs., Sub-23, Máster) & 5000 (Sub-20, Sub-18) —Memorial Alejandro Gómez

Xogade – Campo a Través – Campionato de Galicia

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.