2 MEDALLAS NO GALEGO SUB18

2 MEDALLAS NO GALEGO SUB18

Este domingo disputouse na pista cuberta de Expourense o Campionato Galego Sub18 de Pista Cuberta. Logramos dúas medallas que poderían ser catro de non ser polas ausencias de Manuela Blanco e Javier Trillo. Unha grande actuación dos nosos seis atletas do Club Ourense Atletismo, con dúas marcas persoais e algún problema para quenes levan todavía pouco tempo en competición, pero que lles sirve igualmente como experiencia. As marcas conseguidas foron as seguintes:

– 1ª Leyla Villar Abella 3.000 (10.38.22)
– 3º Rodrigo Díaz Enríquez 60 (7.33 MMP)
– 5º Rodrigo Díaz Enríquez 200 (23.62)
– 6º Roi Prieto Gómez salto de altura (1.61)
– 8º Samuel Banga Arancey triplo salto (10.97)
– 8ª semif. Andrea Rodríguez Fernández 60 (9.03 MMP)
– SM Paula Conde Moyano salto con pértega
– SM Hugo Ribao Pérez salto de altura

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CTO. GALICIA -Sub18 indv. e SUB16-18 Combinadas

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.