
06 Feb RESULTADOS GALEGOS PC ESCOLAR E MÁSTER, LANZAMENTOS LONGOS E MARCHA
Fin de semana con tres campionatos galegos: os de pista cuberta en idade escolar e máster, o de lanzamentos longos sub23 e absoluto e o de marcha absoluto en ruta.
O Campionato Galego sub10, sub12 e sub14 de Pista Cuberta contou cunha nutrida representación ourensanista e obtivéronse os seguintes postos de podio:
– Marta Domínguez Diéguez 3ª altura sub10 (0.94)
– Yago Val Viqueira 2º pértega sub14 (1.60)
– Usúe Bernárdez Jares 3ª peso sub14 (7.93)
No mesmo campionato pero en categoría máster, tamén foi ampla a participación e se obtiveron bastantes medallas. Destacaremos os 11.59 de Sergio Herrería en triple salto (2º M45) os 5:33.18 de Sonia Teijeiro nos 1.500 (1ªF50), os 10:30.00 de Begoña Domínguez nos 3.000 (1ªF35) así como os 11:46.09 de Ana Isabel Soutullo na mesma proba (1ªF40), e os 7.96 de Emilia Mesa en peso 3kg (1ªF70). Quen logrou a mellor marca porcentual das obtidas polo Club foi Saturnino González nos 3.000 (1ºM60) cun rexistro de 10:21.26.
No Campionato Galego de Lanzamentos Longos tivemos 3 representates: Ana Arranz, Blanca Pereira e Hugo Fernández. Blanca Pereira obtivo a medalla de prata cun mellor lanzamento de 50.56 metros.
Finalmente, no Campionato Galego de Marcha en Ruta foron 5 persoas as representantes do Club Ourense Atletismo, ben repartidas polas diferentes categorías. Destacamos a vitoria de Soledad Pousa en F50 e o segundo posto de María Grande en F45.
Podes consultar os resultados ao completo nos seguintes enlaces:
CTO. XUNTA DE GALICIA Sub10 Sub12 Sub14 en Pista Cuberta
CTO. GALICIA MASTER en Pista Cuberta e Probas Combinadas
Cto. Galicia Inverno Absoluto e Sub 23 Lanzamentos Longos
Campionato Xunta de Galicia Absoluto Masculino e Feminino de Marcha en Ruta
Sorry, the comment form is closed at this time.