CRÓNICA DO GALEGO ABSOLUTO, SUB20 E SUB23 DE CAMPO A TRAVÉS

CRÓNICA DO GALEGO ABSOLUTO, SUB20 E SUB23 DE CAMPO A TRAVÉS

Celebrouse no Hipódromo de Antela o Campionato Xunta de Galicia Absoluto, sub20 e sub23 de Campo a Través, nun circuito moi duro debido á gran cantidade de barro producida pola choiva dos últimos días.

Na proba sub20 feminina Anxela Seoane era a nosa única representante, pero non puido completar a carreira.

Na carreira absoluta e sub23 masculina, a representación do Ourense foi máis nutrida, sendo os nosos primeiros representantes Alejandro Cadaya, Martín Míguez e Enrique Martínez, nas posicións 22ª, 23ª e 24ª respectivamente. Martín sería, á postre, o 8º sub23. Moi preto deles quedaría Guillelme Denís Castillo, na 26ª posición. O outro atleta que remataría a proba sería David Paz (33), quedando fóra de control Jose Antonio Gómez e Diego Babarro.

Na carreira feminina absoluta e sub23, as nosas primeiras representantes foron Uxía Rodríguez, quen acadou a 13ª posición, seguida de Ana Isabel Soutullo, 14ª. Un pouco máis atrás quedaría Marina Losada, no 17º posto.

Na mesma xornada e no mesmo escenario, celebrouse o Cross de Antioquía onde Saturnino González quedou no 7º posto na xeral e 1º en categoría M60. Enol Lorenzo sería 3º sub14, seguido de David García no 4º posto, mesma posición que obtivo Mauro Díaz entre os sub12. Na clasificación femenina da carreira sub12-14, Carla Nieto logrou a 3ª posición. Na carreira sub16-18, Sara Núñez terminou en 3º lugar entre as sub18.

Podes consultar os resultados ao completo no seguinte enlace:

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS E CROSS DE ANTIOQUÍA

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.