BOS RESULTADOS NA COPA DE GALICIA CLUBS

BOS RESULTADOS NA COPA DE GALICIA CLUBS

O Club Ourense Atletismo logrou uns moi bos resultados na Copa Xunta de Galicia de Clubs en Pista Cuberta celebrada o sábado en Expourense. As mulleres lograron o esperado 4º posto tralos tres equipos participantes en Primeira División ou División de Honra. Unha actitude sólida tanto das nosas como dos equipos que ocuparon o podio fixo que se asentaran con bastante rapidez nese cuarto lugar e chegaran á finalización da pértega xa co posto decidido.

As mulleres que quedaron entre as tres primeiras posicións nas súas probas foron: Andrea Reija, do recente filial Xuncas Diversia, en salto de altura, gañando a proba con 1.64; Rocío Serrano debutou co club cun segundo posto nos 60 m.v., facendo unha marca de 9.41; Manuela Blanco, mellorando considerablemente a súa marca persoal, saltou 3.47 obtendo a segunda posición; Arauia Al Bachere, do filial Atletismo A Estrada, lograría tamén a segunda posición nos 400 m. cunha marca de 1:00.15; África Gómez acadaría a terceira posición nos 200 m. cun rexistro de 26.05.

No campionato masculino o resultado foi mellor do esperado. O equipo, que se clasificara por estadillo en oitava posición con case os mesmos puntos que o Marineda, conseguiría a 5ª posición trala gran implicación de todos os atletas. Os postos de podio nas súas respectivas probas foron conseguidos por Alejandro Rodríguez en peso cun lanzamento de 11.17 e Diego Ares en altura cun mellor salto de 1.80, ambos os dous quedando en terceira posición.

Destacar tamén o segundo posto na clasificación conxunta trala Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Podes consultar os resultados ao completo no seguinte enlace:

XVIII COPA XUNTA GALICIA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.