FIN DE SEMANA DE PROVINCIAIS E CONTROIS

FIN DE SEMANA DE PROVINCIAIS E CONTROIS

Fin de semana cargado de probas para o conxunto de atletas do Club Ourense Atletismo, ao celebrarse a fase zonal de Ourense de campo a través de Xogade, o provincial de 10km en San Cibrao das Viñas, os controis de pista cuberta en Expourense e a xornada de lanzamentos en Vila Nova da Cerveira.

No campo a través, en categoría masculina, vitoria de Dáviz Lobelle na categoría sub10; triplete no sub12, con Nico González ouro, David García prata e Mateo Blanco bronce; ouro de Enol Lorenzo e bronce para Gabriel Parga en sub14, e bronce para Fernando Trapote na categoría sub16. Por equipos logrouse o ouro nos sub12 e a prata nos sub10.

Na categoría feminina, prata de Leire Díaz no sub12, e ouro de Susana Padrón e bronce de Aloia Sabucedo en sub16.

En San Cibrao das Viñas, segundo posto na categoría masculina absoluta para Rubén Diz e terceiro para Javier Paredes, por detrás de Alejandro Fernández. En mulleres, vitoria de Vicky Losada. Por equipos, vitoria do equipo masculino. Na carreira escolar, quedou segundo Dáviz Lobelle en sub10 e tamén foi segunda Sara Núñez en sub16.

Nos controis de Expourense, a representación ourensanista foi nutrida. Podemos destacar os 26.19 de África Gómez nos 200m, os 10.97 de Alba Martínez en triplo salto. Para a maioría destes atletas, primeira toma de contacto coa pista antes da chegada de xaneiro, onde agardan os campionatos de Galicia de clubs e o individual.

Ata Vila Nova da Cerveira desprazáronse Manuel Eirín e Blanca Pereira. O primeiro lanzou 13.07 en peso co artefacto de 3kg e 22.90 en disco (750 gr.). Blanca lanzou 63.51 co martelo de 3 kg.

Podes consultar os resultados ao completo nos seguintes enlaces:

Xogade campo a través fase zonal Ourense

XIX Carreira Pedestre de San Cibrao das Viñas

Control I, II, III FGA Pista Cuberta

Jornadas de Lançamentos 2023 – 1ª

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.