A NOSA CANTEIRA DISFRUTOU EN EXPOURENSE

A NOSA CANTEIRA DISFRUTOU EN EXPOURENSE

A canteira do Club Ourense Atletismo disfrutou un ano máis do Trofeo ABANCA de Pista Cuberta, onde acudimos representados polos equipos masculinos e femininos sub12 e polo masculino sub14.

Na categoría sub12 masculina o equipo quedou en 8º lugar e entre os tres primeiros quedaron os seguintes altetas:

– 1º David García Fernández 60m (8.91)
– 3º Ángel Araújo Noriega salto de altura (1.33)

Na categoría sub12 feminina lograron un 4º posto, loitando ata o final polo podio. As representantes que quedaron entre as tres primeiras nas súas probas foron:

– 2ª Ana Sierra Prieto 60m (8.90)
– 2ª Lucía Quintas García salto de altura (1.25)
– 3ª Leire Díaz Graña 500m (1:34.09)

Os rapaces sub14 tamén obtiveron a 4ª posición, a un punto do ADAS CUPA. Con postos de honra quedaron os seguintes altetas:

– 1º Manuel Eirín González lanzamento de peso (13.75), récord galego en pista cuberta.
– 2º Club Ourense Atletismo, 4×1 volta PC (54.1), cun equipo formado por Jacobo González Cuquejo, Gabriel Parga Nores, Yago López Fernández e Efrén Gawenda Iglesias. Cabe destacar que este relevo conseguiu ao rematar a súa serie o récord galego, pero que lle foi arrebatado na seguinte serie polo relevo do ADAS quenes, á postre, lograrían afianzar a terceira praza do campionato coa súa magnífica actuación.
– 3º Efrén Gwenda Iglesias 60m (8.40)
– 3º Enol Lorenzo González salto de lonxitude (4.06)

En definitiva, unha xornada na que puideron disfrutar das competicións de clubs varios dos nosos equipos máis cativos e na que en dúas ocasións se estivo a piques de entrar no podio, o que ainda que supoña caras tristes no momento, non deixa de ser unha parte máis da aprendizaxe que se adquire ao practicar atletismo.

Podes consultar os resultados ao completo nos seguintes enlaces:

Trofeo ABANCA 2022 – Sub12 PC

Trofeo ABANCA 2022 – Sub14 PC

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.