
10 Oct BO CONCURSO DE ROI PRIETO COA SELECCIÓN
Boa actuación de Roi Prieto representando a Galicia no Campionato de España de Federacións Sub16 celebrado esta fin de semana en Pamplona.
O pupilo de Mario González logrou unha marca de 1.65 metros, a tan só 3 centímetros da súa marca persoal, fallando a altura de 1.70. Tendo en conta a altura da tempada na que nos atopamos, trátase dunha magnífica actuación, e que alimenta as esperanzas dun bo ano 2023.
O seu posto individual foi o 11º, co que axudou á consecución da 6ª praza da Selección Galega en dito campionato.
Pódense consultar os resultados ao completo no seguinte enlace:
Sorry, the comment form is closed at this time.