27 Jun CRÓNICA CAMPIONATOS GALEGOS DE CLUBS SUB20 E SUB16
O Club Ourense Atletismo conseguiu o terceiro posto na clasificación mixta en ambos campionatos.
A pesar das múltiples baixas, o Club Ourense Atletismo tivo unha boa actuación nos Campionatos Galegos de Clubs sub20 e sub16 celebrado nas pistas de Monterrei esta fin de semana, onde a mera clasificación dos catro equipos foi en sí mesma un éxito.
No campionato sub16 os homes lograron a sexta posición mentres que as mulleres quedaron oitavas. Destacan as victorias de Fernando Trapote nos 1.500 obstáculos, de Nicolás Collazo en 5.000 marcha (atleta do filial Ames) e de Susana Padrón nos 3.000 lisos.
No que respecta ao sub20, os resultados foron un pouco mellores, coas mulleres en quinta posición e os homes en sétima. Individualmente destacan as victorias de Mateo Posse (filial do Ames) en xavelina, África Gómez nos 200 metros, Leyla Villar en 3.000 metros, e Blanca Pereira en martelo.
Agradecer a participación dos clubs filiais Atletismo A Estrada, Ames Atletismo, e Club Atletismo Tui que campionato tras campionato colaboran coa súa canteira e imos tecendo relacións de amizade.
Podes consultar os resultados ao completo no seguinte enlace:
CAMPIONATO XUNTA GALICIA SUB16 CLUBES
Sorry, the comment form is closed at this time.