
09 Ene ANTÍA CASTRO CAMPIOA GALEGA SUB20
Said Abdoun bronce sub23
Celebrouse en Ribadavia o Campionato Xunta de Galicia de campo a través absoluto, sub23 e sub20 individual, así como o 1º Cross Vila de Ribadavia, con bos resultados para os membros do Club Ourense Atletismo. Destaca a actuación de Antía Castro como campioa galega sub20 e o bronce de Said Abdoun na categoría sub23 masculina.
Na carreira absoluta masculina do campionato galego, conxunta coa sub23, Javier Paredes foi 12º, o xa nomeado Said 18º, Martín Míguez 31º e 7ºsub23, José Antonio Requejo 35º, e os debutantes Guillelme Denís Castillo e David Paz Salgado 51º, e 58º respectivamente. Diego Babarro completou tres voltas ao circuito, pero non puido completar a cuarta ao ser dobrado.
Na carreira sub20 feminina, ademáis da gañadora Antía Castro, participou Carmen Martínez Téllez, debutando co noso club pero tendo que abandoar a carreira por malestar xeral.
Xa no I Cross de Ribadavia, na carreira sub14 mixta Walid el Mansouri foi 2º, acadando o 4º posto o seu irmán Yahya, seguido de Enol Lorenzo en 5ª posición.
Na proba sub16 mixta, Fernando Trapote obtivo o 4º posto a dous segundos do podio, e as dúas debutantes Andrea Rodríguez e Sara Núñez lograron no caso de Andrea o 27º posto na xeral e 19º feminino, e no de Sara o 31º xeral e 22º feminino. Acudiu ata Ribadavia Jacobo González Cuquejo, pero atopouse mal e finalmente non tomou a saída.
Na carreira popular e sub18 mixta, Ahmed el Mansouri conseguiu o 4º posto e primeiro popular (sen contar aos sub18), e Leyla Villar tivo o 13º posto na xeral e 1ª sub18 feminina.
Con estes resultados, volve a representación do club dende O Ribeiro cun total de 5 podios, sendo unha delas a victoria no campionato galego e varios debuts cos que se abren novas historias na vida do Ourense Atletismo.
Pódense ver os resultados ao completo no seguinte enlace:
Sorry, the comment form is closed at this time.