RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

Ademais dos fantásticos resultados no Campionato de Galicia de Marcha celebrado o domingo en Pontevedra, o noso club estivo presente no Campionato de España de campo a través por clubs – Cross de Itálica, no Cross Universidad Alfonso X el Sabio e no Encontro atletismo máster en pista cuberta SPORTUR Galicia. Mención a parte merece o Campionato de España de maratón máster, onde José Benito Gómez non puido competir finalmente debido a unha inoportuna enfermidade. Pese a viaxar e estar xa en terras Canarias, un resfriado que era leve, foi a máis e deixoulle nunhas condicións nas que non se puede correr unha maratón con esta esixencia.

No Campionato de España de campo a través por clubs, o equipo Sub18 feminino quedou nunha meritoria 14ª posición grazas as actuacións de Marcela Morgado (34ª), Anxela Seoane (39ª), Mencía Luis (102ª) e Leyre Padrón (139ª).

Pola súa banda, o equipo Sub20 masculino logrou o 25º posto dos 32 que terminaron a proba, coa participación de Said Abdoun (76º), Martín Míguez (90º), Martín Rivera (94º) e Julio Regueira (181º).

No Cross Universidad Alfonso X el Sabio de Madrid, Antía Castro logrou a victoria na categoría Sub20, sendo o segundo cross que gaña na capital en pouco tempo.

No Encontro máster SPORTUR tivemos as actuacións de Sergio Herrería, 1º nos 60 metros M40 con 8.06s e 2º nos 200m da mesma categoría con 26.55s, Jose Luis Pavón 2º no lanzamento de peso M50 con 9.09m, Nuria Fernández 1ª en peso W50 con 10.08m e Emilia Mesa, quen volvía á competición gañando o peso W65 cunha marca de 7.83 feita nun dos seus dous únicos intentos válidos. Tamén competiu Antonio Touza nos 800 metros, pero sufriu unha lesión á metade de carreira que non lle permitiu terminala.

Pódense ver os resultados dos diferentes campionatos nos seguintes enlaces:

LVI Campeonato de España de Campo a Través por Clubes – Cross Internacional de Itálica

Cross Universitario UAX

I Encontro Atletismo Máster Pista Cuberta SPORTUR GALICIA

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.