CARMEN ESCARIZ CAMPIOA GALEGA ABSOLUTA DE MARCHA

CARMEN ESCARIZ CAMPIOA GALEGA ABSOLUTA DE MARCHA

Fantásticos resultados do Club Ourense Atletismo no Campionato de Galicia de marcha en pista ao aire libre, no que destacou especialmente Carmen Escariz gañando o campionato absoluto cunha mellor marca persoal de 22:14.66.

As pistas do CGTD de Pontevedra tamén presenciaron as victorias de Soledad Pousa en máster 50 e de Carlos Morales en máster 35. Fixeron tamén podio Rita Vázquez como 2ª Sub 20, Loli Delgado 2ª máster 45, María Grande 3ª máster 45 e Lola López 3ª nos 2000 metros das Sub12. Nesta última proba, quedou no carto posto Lucía Quintas, facendo marca persoal tanto Lola como Lucía.

Pódense consultar os resultados no seguinte enlace:

XIV CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE MARCHA AO AIRE LIBRE

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.