24 Jun Campionato de Galicia Sub14 en Pista ao Aire Libre.
A Federación Galega de Atletismo organiza o XIV Campionato Xunta de Galicia Sub 14 de Aire Libre o vindeiro sábado 26 de xuño do 2021 en Vigo.
– As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do luns 21 de xuño do 2021.
Limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar nun máximo de 2 probas (no caso de ser carreiras só unha poderá ser superior a 250).
Para as categorías Sub14 non é obrigatorio o uso de tacos pero si saída en posición agachada de 4 apoios nas probas de velocidade.
Nos lanzamentos e saltos horizontais cada participante poderá realizar 4 intentos.
Valerán marcas feitas dende o 1 de xaneiro de 2020.
A participación estará limitada:
80/150/80 valos/220 valos 16
500/1000/2000/1000 obs 16
2000/marcha 12
Concursos 16
Sorry, the comment form is closed at this time.