XXXVIII Copa Deputación Ourense Atletismo – 5ª Xornada.

5ª XORNADA XXXVIII COPA DEPUTACION DE ATLETISMO EN PISTA
Lugar: Pista Josefina Salgado – C.D. de Monterrei – Pereiro de Aguiar – Ourense
Data: Sábado 26 de xuño de 2021
Organiza: Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo
Patrocina: Excma. Deputación Provincial de Ourense
Colaboran: Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia – Concello de Pereiro de Aguiar e Concello de Ourense.

Nos concursos aceptaranse 10 participantes e disputaranse 4 intentos por participante.

Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas, os atletas non absolutos solo unha proba pode ser superior os 200m. Rexeitarase a inscrición dos atletas inscritos en máis de 2 probas, non serán admitidos en ningunha delas e non se admitirá a súa participación.

As inscricións faranse ata as 20.00 horas do martes anterior a disputa da proba.

A organización priorizará a participación dos atletas con licenza por Clubes da Provincia de Ourense. Cada clube ourensán terá dereito como mínimo a un atleta por proba. No caso de ser superado o tope de inscricións, aplicarase o criterio de mellores marcas nas tempadas 2020 e 2021 na proba específica.

 

Reglamento   Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.