17 Ene Probas Pista Cuberta.
A primeira das probas será o IIº Encontro S.G. Pontevedra – C.A. Sada, tera lugar e Data: Ourense (Pista Cuberta Expourense) o sábado 23 de xaneiro. Esta Organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Club Atletismo Sada.
contará co control técnico do comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
A inscrición terá un custo de 3€ por proba.
O máximo de probas permitidas é de 2 por participante. Nos concursos mixtos os 8 participantes repartiranse a criterio da organización independentemente do sexo.
Nos concursos de triplo e peso non se cambiará a orde de actuación dos/as atletas trala mellora.
A táboa de lonxitude será a 3 m.
O salto con pértega repartirase en 2 concursos mixtos en función das marcas de inscrición. As cadencias publicaranse cos inscritos/as. Pasarán ás finais de 60 m.l. os 16 mellores tempos das series de 60 m.l. Na proba de 200 m. utilizaranse as rúas da 1 á 6. As mellores marcas correrán polas rúas 4, 5 e 6.
As Inscricións serán ata as 22:00 horas do martes 19 de decembro pola extranet da RFEA. No caso superar o límite de participantes, terán preferencia na admisión os/as atletas das entidades organizadoras. Seguidamente, aplicarase o criterio de mellores marcas das tempadas 20 e 21 na proba correspondente.
Reglamento Inscritos Declaración Covid
O día seguinte terá lugar o IIº Trofeo +Deporte La Región de Atletismo en Pista Cuberta.
A Asociación Deportiva Atlética do Sil, Asociación Deportiva Limiactiva, Club Deportivo Aurum, Club Deportivo La Purísima, Club Ourense Atletismo e a Escola de Atletismo Ben Cho Shey, coa colaboración da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo organizan o II Trofeo + Deporte La Región de Atletismo en Pista Cuberta, que se celebrará o domingo 24 de xaneiro, na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense.
As inscricións realizaranse na intranet da RFEA ata as 20:00 h. do martes 19 de xaneiro.
Naquelas probas onde se supere o número máximo de participantes, terán garantida a súa inscrición os/as atletas pertencentes aos clubs organizadores. Se os clubs organizadores superaran o número máximo de participantes nunha ou varias probas, admitiranse os/as atletas que acrediten mellor marca, garantindo que todos os clubs organizadores podan ter representación de 2 atletas (1 en concursos), independentemente da súa marca.
Sorry, the comment form is closed at this time.