XXXI Campionato de Galicia de Marcha en Ruta

A Federación Galega de Atletismo e o Concello de Marín organizan o XXXI Campionato de Galicia de Marcha en ruta que terá lugar en Marín o vindeiro sábado día 1 de febreiro do 2020.

Nos Campionatos de Galicia Individuais e por clubs a partir do 1 de xaneiro do 2020,existirá unha cota de inscrición de 3 Euros.

Unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición abrirase outra pasarela para poder facer inscricións fóra de prazo ata o xoves ás 14:00.

Os/as atletas deberán utilizar os dous dorsais de forma totalmente visible no peito e por detrás, en toda a súa superficie. Os/as atletas participantes, deberán pasar por cámara de chamadas con identificación que estará aberta entre media hora e un cuarto de hora antes da hora de saída da proba. 

 

Reglamento   Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.