22 Dic Convocada Axudas a Deportistas
Convocadas as “Axudas a depotistas ourensanos cualificados 2018-2019”
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense, nº 289 do pasado mércores 18 de decembro, publica a Convocatoria de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada deportiva 2018-2019.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 15 de xaneiro de 2020 e a dotación económica establecida total ascende a 30.000 euros.
Poderán ser beneficiarios as persoas físicas que sexan deportistas federados, de categorías de base ata absoluta, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais (excluíndose, por tanto, os practicantes de deportes de equipo) de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a) Que posuíran ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense durante a temporada 2018-2019.
b) Aqueles deportistas que non posúan licenza federativa por ningún club ourensán na temporada 2018-2019 pero, malia o anterior, se mantivesen vinculados ao deporte ourensán durante esa temporada, sempre que exista unha causa xustificativa do feito de que non dispoñan de licenza federativa nun club ourensán, como a inexistencia de clubs ourensáns desa disciplina ou especialidade deportiva, a inadecuación destes clubs para o seu nivel de rendemento deportivo ou a necesidade de residir fóra de Ourense por motivos familiares, laborais ou académicos, ou calquera outra causa que xustifique a dita circunstancia.
No indicado Boletín Oficial da Provincia figuran os anexos e documentación que deben cumprimenta-los solicitantes.
O Consello Municipal de Deportes pola súa banda, tamén publicou as axudas a deportistas individuais, tende en conta que son para a temporada 2017/2018, xa que van cun ano de retraso.
É obxecto da presente resolución establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen, na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante anualidade anterior á convocatoria.
** Cada certificado que se pida a Federación ten un custe de 5 euros que se deben aboar pola plataforma.
Sorry, the comment form is closed at this time.