18 Dic SIN-SON 10K 2019
O Concello de Porto do Son organiza o domingo 22 de decembro a partir das 11:00 h horas a carreira popular ¨SIN-SON 10 K¨ a cal estará incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. Forma parte do Circuíto de carreiras popular da Deputación de A Coruña.
A carreira absoluta cuxa saída será ás 11:00 h disputarase sobre unha distancia de 10 km en ruta entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON. A proba estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Inscricións: Non se aceptarán inscricións o mesmo día da carreira nin fóra de prazo.
Sorry, the comment form is closed at this time.