29 Abr Citas máis importantes da fin de semana.
Posted at 18:47h
in
Noticias
by clubourense
Múltiples serán as citas federadas, esta fin de semana onde teremos postos os ollos nos nosos atletas. As máis importantes se cabe seran as convocadas pola Federación Galega de Atletismo e o Club Marineda Atlético que organizan o sábado 5 de Maio o XXVI Campionato de Galicia de Clubs Cadete de pista ao aire libre. Cada club estará representado por un atleta en cada proba e cada atleta poderá participar en 2 probas individuais ou 1 proba individual e un relevo. En caso de carreiras só unha poderá ser superior a 300m. Para que un Club poida tomar parte deberá cubrir un mínimo de 14 probas.
A Federación Galega de Atletismo e o Club Marineda Atlético organizan tamén o sábado 5 de Maio o XXXV Campionato de Galicia de Clubs Junior de pista ao aire libre. Cada club estará representado por un atleta en cada proba, estando reservada a competición para os atletas xuvenís e junior. Os atletas poderán facer duas probas individuais, 1 proba individual e un relevo ou dous relevos. En caso de carreiras só unha poderá ser superior a 400m. Para que un Club poida tomar parte deberá cubrir un mínimo de 15 probas.
Habrá un autobús a disposición dos atletas desplazados que sairá as 07:00 do Pavillon dos Remedios. Recordarvos que tendes que confirmar a vosa intención de asistir a comida e o autobús se queredes ter sitio, o prazo remata hoxe xoves día 3 as 19 horas.
Iste sábado da comenzo a 4ª Fase do programa Xogade de Pista o Aire Libre. En cada xornada, das que se disputan, os atletas de categoría Benxamín e Alevín poderán participar como máximo en dúas probas das que compoñen o programa. No caso de participar en dúas carreiras só poderá realizarse unha de máis de 250 metros.
Na categoría infantil, cada atleta poderá participar en cada xornada nun máximo de tres probas, respetando sempre a seguinte norma de participación: tres concursos; dous concursos e unha carreira ou un concurso e dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros). No caso de participar en dúas probas respetarase a seguinte norma de participación: dos concursos; un concurso e unha carreira ou dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros).
O programa de competición das xornadas previas completarase con probas para a categoría cadete e xuvenil; nas que podrán participar atletas desta categoría con ficha dilixenciada por Clubes da Delegación en Ourense e O Barco de Valdeorras da Federación Galega de Atletismo.
Horario Inscritos
Se comunica que la prueba de lanzamiento de pelota benxamín masculino, prevista para las 18:10 horas, pasa a disputarse a las 19:00 horas.
A Secretaría Xeral para o Deporte pon a disposición dos atletas un servicio de autobús que saira as 15:15 do Pavillon dos Remedios e terá a súa volta as 20:00 do complexo deportivo de MONTERREI.
A Agrupación Viguesa de Atletismo, co patrocinio da Concelleria de Deportes do Concello de Vigo, organiza o Terceiro Circuito Concello de Vigo de Atletismo en Pista – Series Municipais, a desenrrolarse nas pistas do Estadio Municipal de Atletismo de Balaidos, ó longo de seis xornadas desenvolvidas na tempada 2017/2018. Tratarase de dúas xornadas correspondentes a tempada de inverno, con probas do programa de pista cuberta e tres xornadas con probas do programa de aire libre, con datas a determinar, en función do calendario oficial de probas da Federación. Desta volta a 4ª Xornada será o vindeiro día 6 de Maio. Serán probas en horario de mañá e para as categorías sub-16 en diante.
Sorry, the comment form is closed at this time.