Competiciones Ultima Semana del Año.

Competiciones Ultima Semana del Año.

O próximo venres 29 en Lugo, vaise disputar o Iº Control de marcas Lucus CaixaRural Galega, organizado polo mesmo club de quen recibe o nome. Será en xornada de tarde no Módulo Cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera, está organizado coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Lugo e Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo. A proba disputarase baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. As inscricións faranse a través da extranet da RFEA ata as 23:00 horas do MARTES anterior á data de celebración da proba. E está disposto para atletas de categoría alevín ata veteráns.
 
 
Os clubs Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Real Club Celta de Atletismo,Club Atletismo Femenino Celta, Club Atletismo Santiago e o Club Atletismo Coruña Comarca organizan o I Control de Pista Cuberta de Ourense o sábado 30 de decembro, en xornada de mañá, na pista cuberta de Expourense. As inscricións faranse a través da extranet da RFEA ata as 23:59 horas do martes anterior a celebración da proba. Está dirixida a atletas de categorías sub16 en diante. Aqueles atletas que non pertenzan a algúns dos Clubs Organizadores (S.G.Pontevedra, R.C Celta, A.F.Celta, C.A.Santiago e C.A Coruña Comarca) deberán aboar unha cuota de 2€ por dorsal no momento da súa retirada.
 
 
 
O domingo será a hora de despedir o ano 2017 e que mellor maneira que correndo. Dúas son as opcións que destacamos por se son do voso interés.
 
A primeira delas é a organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. Trátase da San Silvestre Ourensá que se celebrará polas rúas da cidade. Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo Delegación en Ourense. A saída e meta estará sita no Xardín do Posío e as inscricións estarán abertas ata o 27 de decembro de 2017 ás 20:30 h. A inscrición realizarase únicamente a través da web www.carreirasgalegas.com. O custe da inscrición e de 5€ para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Senior e Máster, para o resto de categorías a inscripción será gratuíta. Será unha carreira en horario de tarde.
 
 
A segunda das opcions é a XIX “San Silvestre” Castrelo de Miño. O lugar de saída será no Club Náutico Castrelo de Miño. As categorías menores teñen a saida ás 16:00h e para a proba absoluta será ás 16:30h. Esta proba está organizada por Be One Ourense e polo Club Atletismo Corredores do Miño, xuntamente co patrocinio do Concello de Castrelo de Miño. O prazo de inscripción remata o día 29 de decembro ás 14:00 horas, e faise na páxina Champión Chip.
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.