20 Ago Lara Vazquez na Sunset Mile de Povoa de Varzim
Unha das nosas atletas máis novas, fainos chegar unha noticia sobre a súa actuación nunha proba internacional, falamos de Lara Vazquez que sería terceira na Sunset Mile de Povoa de Varzim disputada o día 29 de xullo na cidade portuguesa. O ambiente atlético foi excepcional durante toda a tarde no paseo marítimo da cidade. Lara conseguía facerse cun posto nun podio moi disputado polas atletas dos clubes locais na categoría benxamin A feminino.
Sorry, the comment form is closed at this time.