Campeonato Gallego Junior y Promesa

Campeonato Gallego Junior y Promesa

O pasado sábado 24 de xuño desenvolveríase nas pistas do CGTD de Pontevedra unha nova edición do Campionato de Galicia Junior e Promesa. O noso club estaría representado na parte masculina polo atleta Abraham Rodríguez, que loitaría nas probas de 100 mts lisos onde sería (4º), no lanzamento de disco (6º) e no salto de lonxitude onde lograba superar a sua mellor marca e acababa cun salto de 6.31 a segunda praza nesa competición. 

Por outro lado no referido a participación femenina destacar a atleta Antía Rodríguez que subiría duas veces o caixón do podium. Participaba en duas probas, nos 800 mts onde sería 3ª  e nos 400 m.v. na que acadaba a 2ª posición. As outras participantes serían Elena e Paula Freiria na proba do salto de lonxitude 4ª e 7ª respectivamente, e no Triple Salto onde Elena sería 3ª e Paula sería 6ª.  O resultado final deste campionato serían catro medallas duas pratas e dous bronces.

Resultados

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.