Próximas Citas

Próximas Citas

O vindeiro domingo día 2 de Xuño acontecerá unha das grandes probas atléticas da cidade como é o desenvolvemento do XXXI Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña – Trofeo Sergio Vázquez. Para esta edición, cóntanse con importantes novidades como son a celebración da I Marcha Popular que sobre dous kilómetros percorrerá o circuito de Cantones. O XXXI Gran Premio Cantones da Coruña de Marcha Atlética é unha proba integrada no Calendario da IAAF, sendo organizada pola Federación Galega de Atletismo, có apoio do Concello da Coruña. 
 
 
 
 
 
Con motivo da celebración do III Día do Deporte Solidario, o Centro Comercial Area Central de Santiago de Compostela organizará, dentro da súa programación do día, a II Milla Popular Solidaria o sábado 3 de xuño, proba aberta a atletas federados e non federados.
As probas levaranse desde a Praza de Europa en Área Central a partir das 18:00 horas e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo.
 
 
 
 
 
 
A Delegación da F.G.A en Ferrol organizará o Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de pista ao aire libre que terá lugar nas Pistas da Malata de Ferrol o domingo día 4 de Xuño, en xornadas de mañá e tarde. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 30 de maio.
 
 
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.