Próximas Citas Atléticas

Próximas Citas Atléticas

A Delegación da F.G.A. en O Barco organizará o Campionato de Galicia Benxamín, Alevín e Infantil por equipos que terá lugar nas Pistas de Atletismo de Calabegueiros o vindeiro sábado día 27, en xornada de mañá os benxamíns e alevíns e de tarde os infantís. As probas da mañá comenzarán sobre as 10:30 horas e rematan cos relevos ó redor das 14:00 horas, farase un receso para xantar e retomaranse as probas ás 16:30 sendo xa o turno para os infantís. As probas de tarde finalizarán coas carreiras de relevos as 20:00 horas aprox.
 
 
 
 
 
 
 
Xa pola noite e na cidade de Ourense, concretamente no barrio do Couto, disputarase a seguinte carreira do circuito Correndo por Ourense. Será unha proba nocturna que comenza con iste orde: 22:00h carreira de Pitufos, as 22:05h carreira para os  Benxamíns, Alevíns as 22:15h será a quenda dos  Infantis e Cadetes e para rematar as 22:30h: coas categorías dos Xuvenis, Juniors,Promesas, Seniors e Veterans.
 
 
 
O día 28 organizarase o Campionato de Galicia de Veterans de pista ao aire libre nas pistas do Complexo Deportivo «Josefina Salgado» de Monterrei (Pereiro deAguiar), organizado pola delegación da F.G.A. en Ourense. (Xuntamente cas probas de 5.000 Marcha Cadete e Xuvenil e os 5.000 m. Xuvenil). As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 23 de maio.
 
 
 
 
Durante os días 27 e 28 de maio terá lugar o Campionato de Galicia de Probas Combinadas en las Pistas del CGTD de Pontevedra. O evento está organizado pola Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación en Pontevedra. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 23 de maio. O sábado as probas serán de tarde comenzando as 16:45 e rematarán as 20:30 retomándose a competición o Domingo pola mañá as 09:50 e rematando as 13:30 horas.
 
 
 
E para rematar o mes de maio o Club Atletismo Rías Baixas e a Delegación da FGA en Pontevedra organizan,a IV Xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra o día 31 de maio conxuntamente cun Control de Medio fondo e Fondo da FGA. Dita xornada realizarase nas pistas do CGTD de Pontevedra baixo o control do CGX. As inscricións realizaranse a través do sistema on line na web da RFEA ata as 23:59 horas do vernes 26 de maio.
 
 
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.