Correndo por Ourense 2017

Correndo por Ourense 2017

Presentouse no Concello de Ourense unha nova edición deste circuito de carreiras populares. O VII Circuito de Carreiras Correndo por Ourense  consta de seis probas, dende o mes de abril ata octubro deste ano. A nosa entidade colabora na proba da Ponte.

Na páxina web de Champion Chip pódese consultar todala documentación sobre o Circuito.

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Deportivo Aurum, o Club Ourense Atletismo e a Asociación de Veciños Carlasca, o VII Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concellode Ourense.

 

Data e Lugar
O Circuíto “Correndo por Ourense” está integrado por 6 carreiras:
1ª DOMINGO 23/04/2017 CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 27/05/2017    CARREIRA DO COUTO  (nocturna)
3ª DOMINGO 25/06/2017 CARREIRA DO CENTRO
4ª DOMINGO 03/09/2017 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
5ª DOMINGO 24/09/2017 CARREIRA DA PONTE
6ª DOMINGO 22/10/2017 CARREIRA DA CARBALLEIRA

Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense). É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

As categorías son as seguintes:
PITUFOS 2011 E POSTERIORES
BENXAMÍN 2008 / 2009 / 2010
ALEVÍN 2006 / 2007
INFANTIL 2004 / 2005
CADETE 2002 / 2003
JUVENIL 2000 / 2001
JUNIOR 1998 / 1999
PROMESA 1995/ 1996 / 1997
SENIOR 1994 E ANTERIORES ATA VETERANOS
VETERANOS A DE 35 A 44 anos
VETERANOS B DE 45 A 54 anos
VETERANOS C DE 55 A 64 anos
VETERANOS D MAIORES DE 65

INSCRIPCIÓN        Reglamento

As inscricións realizaranse no enlace anterior, facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
O prazo para inscribirse no Circuíto para todos os participantes comezou o día 16 de Marzo e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.

A inscrición para a primeira carreira do circuíto na que se inscriba ten un custe de 7€ para as categorías junior, promesa, senior e veteranos, para as demais categorías será gratuíta. Todas as demais carreiras do Circuíto nas que participe son gratuítas.Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o Circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.