Otros resultados del Fin de Semana

Otros resultados del Fin de Semana

Por unha banda comenzamos os outros resultados atléticos polo papel desenrolado esta fin de semana onde destacou a participación da nosa representante Antía Castro no XXX Campionato de España Cadete Atletismo en Pista Cuberta que se desenvolveu nas pistas malagueñas de Antequera. Competía na proba dos 1.000 mts Femenino ante 33 rivais de toda España. A serie na que lle tocou foi a mais rápida da proba o que fixo que acadara unha baixada na súa marca personal, situando o crono en  3:09.63.  É unha nova experiencia a vivida por esta atleta do club, de seguro que pronto conseguirá bater a súa marca persoal e voltar a outro campionato.

 

Resultados

 

A seguinte cita onde o noso club estivo representado foi na V MEDIA MARATóN CARBALLIñO – II CARRERA CORTA 7KM, ata ise lugar desprazouse o atleta Oscar Seoane quen acadaría a segunda posición na carreira curta 7 km cun tempo de 24:35.75.  A salida e a chegada terían lugar na Avenida do Balneario logo de percorrer 3 voltas o circuito, que ía dende a Avenida do Parque, pasando pola Avenida do Arenteiro e remataba na Avenida do Balneario.

Resultados

 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.