CAMPIONATO GALICIA CADETE PISTA CUBERTA E XUVENIL 1500-3000

CAMPIONATO GALICIA CADETE PISTA CUBERTA E XUVENIL 1500-3000

Disputouse o Campionato de Galicia de Pista Cuberta para os atletas da categoría cadete así como o Campionato galego para os 3000 e 1500 m. da categoría Xuvenil.  Nesta ocasión os nosos atletas desplazados a cidade da Coruña foron:

Cadete masculino

Alexandre Romero Rúa que participou na proba de 50 mts masculino con un tempo de 7.23 e nos 300 mts obtivo unha marca de  42:86.
Alexandre Álvarez Ferreira participou nos 3000 mts onde acadou un 5º posto cun tempo de 10:08:65.

Roi González Sánchez pola súa parte obtivo un 6º posto no lanzamento de peso (4 kg)  acadando unha distancia de  7.77 mts.

No apartado das féminas as nosas participantes foron:

Antía Castro Pérez que nos 1000mts obtivo unha  4º posición acadando un tempo de  3:10:00 . Nuestra atleta conseguiu a marca minina en pista cuberta, para poder participar no campionato de España. Dito campionato disputarase en Antequera o próximo 18 de marzo. Moita sorte.
Uma Cibeira Gallardo participou nos 50 mts (vallas 0.762 ) onde obtivo un tempo de 8:81 e no salto de altura onde saltou 1.27 mts e situouse na 12ª posición.
Lucía Bobillo Rodríguez tomou parte no salto de altura, onde cun salto de  1.42 mts acadou un  2º posto e tamén estivo prensente na proba do triple salto onde quedou 13ª cunha distancia de  8.58 mts .                                                                                                                                                                                                                                                Por último,  Ainhoa Prieto Álvarez foi 7ª na proba de lanzamento de  peso (3 kg),  lanzando a unha distancia de 8.99 mts.

Resultados

Participaron outro grupo de atletas que ainda que foron descalificados por varios motivos  e polo tanto non poideron  obter unha marca, caso de Martín Rivera, Roi González e Alexandro Cadaya,dende eiquí animalos a seguir perseverando.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.