Author: clubourense

Blanca Peireia Campioa de España sub20 en Soria cun mellor lanzamento de 54.94. A lanzadora ourensá situouse no primeiro posto do podio no seu terceiro lanzamento, permitíndose o luxo de facer nulos nos tres seguintes lanzamentos. Os máis de catro metros de vantaxe sobre Elena Sanz...

Carmen Escariz e Blanca Pereira participaron coa selección galega no Campionato de España Abosluto de Federacións Autonómicas. Carmen rematou en terceira posición nos 5000 marcha cunha marca de 22:25.70 logrando 14 puntos. Blanca conseguiu a sétima posición cun mellor lanzamento de 50.87, conseguindo 10 puntos para Galicia...

Disputouse esta fin de semana o Campionato de España sub18 na localidade asturiana de Xixón. Ata alí desprazouse Leyla Villar Abella onde competiu nos 1.500 metros. Leyla disputou a súa semifinal facendo un rexistro de 4:45.53, quedando a tan só 7 centésimas de clasificarse para a final. Gran...

Catro medallas de seis participacións no Campionato Xunta de Galicia Sub20 celebrado en Santiago de Compostela. Fantástico o resultado do Club Ourense Atletismo nun campionato que deixa boas expectativas cara o Campionato de España sub20 que se celebrará en Soria os días 22 e 23...

Blanca Pereira participou no Encontro Internacional España-Portugal de Lanzamentos Sub20 e Sub23 celebrado o 24 de xuño en Vagos, rexión de Aveiro. Alcanzou os 51.04 metros no seu mellor lanzamento de entre os tres válidos que realizou. Quedou como segunda clasificada sub20, contribuíndo á vitória da selección...

Na mañán do domingo 25 de xuño celebrouse na pista de atletismo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, o Campionato Galego sub10 e sub12. Este campionato, onde o aspecto competitivo debería pasar a un plano secundario, serven para a confraterniazación e o coñecemento entre os e...

O futuro e a veteranía tiveron os seus campionatos de España. No caso dos sub16, Manuel Eirín competiu en La Nucía (Alicante) e no campionato máster foi Ana Revuelta quen nos representou en Jerez. Manuel Eirín rematou na sexta posición cun mellor lanzamento de 47.23 coa xavelina de 600 gramos....

Se o sábado foi o turno para os absolutos, a xornada dominical foi o turno do atletismo escolar. Nin o calendario tan tardío nin a localización no Barco de Valdeorras acompañaba, pero o club puido presentar aos equipos feminino sub10 e masculino sub12 no Campionato...

Tres medallas foi a fantástica colleita do Club Ourense Atletismo no Campionato Galego Absoluto celebrado o sábado 17 en Santiago de Compostela. Ambas as tres viñeron da man dos concursos, posto que foron Blanca Pereira e Alba Martínez coas pratas en martelo e triplo e Diego Ares co...

Na fin de semana do 17 e 18 de xuño, ademáis do Campionato Galego de Clubs sub14, celebráronse o Campionato Galego de Montaña e o Campionato Galego Máster de Clubs ao Aire Libre. O primeiro realizouse na localidade ourensá de Esgos e o segundo foi nas pistas...