Atletas do club participantes en campionatos internacionais ou campionatos nacionais absolutos:

Manuela Blanco

Esta atleta vén das categorías máis baixas da escola de Ourense Atletismo, pasando da velocidade á pértega.

Actualmente compaxina a súa actividade deportiva cos estudos e co seu traballo como monitora na Escola de Atletismo do noso club.

Á súa corta idade conta xa con varias participacións en campionatos de España absolutos de pista curta, sendo 12ª en 2024 en Ourense, 10ª en Gallur en 2025, onde estableceu o vixente récord galego sub20 con 3.95; e 6ª en Tarragona no 2025, quedando por primeira vez finalista.

Ademáis desas participacións en campionatos de España absolutos, ten varios campionatos galegos e unha terceira posición nun campionato de España sub23 como mellor posto en campionatos estatais da súa categoría.

Yiset Magali Jiménez

A atleta colombiana pasa gran parte do ano pola península ibérica foi unha das grandes fichaxes do Club Ourense Atletismo para intentar o ascenso á 1ª División no 2023. A lanzadora de xavelina nacida no ano 2000 ten unha marca persoal de 59.80 metros feita no 2025 en Lisboa.

Yiset participou nos seguintes campionatos internacionais:

- Nairobi IAAF World U18 Championships, 2017. Nesta ocasión quedou 6ª na súa clasificatoria cun lanzamento de 47.56 coa xavelina de 500gr.
- Campionato Iberoamericano, 2022 en La Nucía, Alicante. Quedou na 8ª posición cun mellor lanzamento de 52.98.

Foi, ademáis, campioa de Colombia desde as categorías sub18 ata a sub23 e campioa de Colombia absoluta en 2024.

Blanca Pereira Rubín

Blanca Pereira

A martelista ourensá adestrou ás ordes de Julio Fernández ata o seu traslado ao CGTD de Pontevedra, onde pasou a ter ao internacional Frank Casañas como mentor. Actualmente estuda en EEUU. Como é normal, aínda se lle pode ver con frecuencia adestrando en Ourense, tanto no módulo dos Remedios como nas pistas de Monterrei.

Blanca participou no 2022 no Campionato de Europa sub18 en Xerusalén. Competindo co artefacto de 3kg, clasificouse na eliminatoria cun lanzamento de 61.89 e na final quedou 11ª cun mellor lanzamento de 57.87.

Foi campioa de España de lanzamentos longos sub18 no 2022, campioa de España sub16 no 2020, sub20 en 2023 e 2024 e sub23 no 2025.

No 2023 quedou séptima no Campionato de España Absoluto de Lanzamentos de Inverno e no 2024 oitava no Campionato de España Absoluto.

A súa mellor marca co artefacto absoluto é de 61.33 no UCF Black & Gold Invite, UCF Soccer and Track Complex, en Orlando no ano 2025.

Leyla Villar

Leyla Villar é unha atleta ourensá chegada do triatlón en categoría sub18.

Aínda nesa categoría participou no 2023 Campionato de España sub18 en Xixón, onde acadou a 6ª posición nos 1.500 metros. Esa mesma posición será a que logre ao ano seguinte na mesma disciplina, pero xa coma sub20 e en 2025 sería 9ª.

Competiu no Campionato de España de Pista Curta no 2025, sendo a 12ª na súa serie dos 1.500 m. cunha marca de 4:45.90.

Ainda que especializada nos 1.500 metros, tamén competiu a un gran nivel nos 800 metros e especialmente nos 3.000 metros. Nos 800 metros obtivo o segundo posto no galego sub20 en 2024 e nos 3.000 obtivo dous campionatos galegos sub20.

Larraitz Bergara

Afincada desde fai xa uns anos en Ourense por motivos profesionais, Larraitz é unha apaixoada do atletismo onde acumula non só experiencia como traumatóloga e médico do equipo nacional senón tamén un envexable palmarés como deportista:

- ⁠Campioa de España sub18 en Altura e 400mv
- ⁠Campioa de España Sub20 en 400mv
- ⁠Campioa de España Sub23 en 400ml PC e 400mv
- ⁠6 veces Internacional con España
- ⁠8 veces Finalista do Campionato de España Absoluto en 400mv

Logo dnu parón na actividade deportiva, retoma con moitas ganas de aportar ao club coa súa experiencia e empurrar na pelexa polo ascenso,

Cristina Ferrándiz

Velocista catalá que provén do Adas Cupa.

Campioa de España en varias ocasións en categorías menores en 200m, así como medallista autonómica nas diferentes probas de velocidade (60,100,200 y 400).

Bronce nacional absoluto en P.C en 2013 en 200m.

Mellores marcas persoais:
- 60m: 7``66
- 60mv: 9``54
- 100m: 12``14
- 100m.v: 15``50
- 200m: 24``58
- 400m: 57``04
- 400m.v: 1'04``18

Andrea Reija

Andrea Reija é unha contrastada e completísima atleta de probas combinas. Xa vestiu a nosa elástica en varias ocasións antes de incorporarse ao club, posto que procede do noso club Asociado Xuncas Diversia. Baixo a batuta de Juan Luis Trillo convertiuse nunha referente nas “combis”, destacando individualmente en varias disciplinas, especialmente en valos e saltos. Top nacional sub23 e absoluta.

Participou no ano 2023 nos campionatos de España de aire libre e de pista cuberta nas probas combinadas, sendo finalista no heptatlon coa súa oitava posición e decimoterceira no péntatlon. En 2025 foi ao campionato de aire libre, pero non puido terminar por lesión.

Andrea Purica

Andrea Purica é unha extraordinaria velocista venezolana con experiencia en campionatos mundiais absolutos ás súas costas, o último deles en Doha (2019). Atleta con marcas personais a nivel mundial desde os 60 en PC aos 100 e 200 ao aire libre.

Afincada en Barcelona e adestrada por Federico Heredia, retoma con forza para esta tempada de 2025 e con elo poder contribuír á consecución dos obxectivos do club en categoría absoluta.

Daniela Rubio

Daniela Rubio incorpórase ao Ourense Atletismo na tempada 2026, ano do retorno á Primeira División.

Saltadora de altura e triplista, realizou as súas marcas persoais en 2025, con 1.74m. e 12.39m. respectivamente. Ademais ten 12.56 ventosos en triplo.

O sei maior logro polo momento foi o cuarto posto no Campionato de España Absoluto de 2025.

Sabela Castelo

Sabela Castelo é unha pontevedresa con raíces ourensás que ten como maior éxito o subcampionato iberoamericano Sub18 do ano 2025, xa nas filas do Ourense Atletismo.

Foi campioa de España en categoría sub16 e sub18 nos 3.000 lisos e campioa sub18 de 5.000.

A súa marca persoal nos 3.000 lisos é de 9:35.11, a de 5.000 16:52.95, ambas de 2025. En 2022 correu os 1.000 metros en 2:56.71.

Icía Ares

Icía Ares Betanzos é unha atleta do ano 2008 que garda na súa vitrina o ouro do Campionato Iberoamericano sub18 de 2025. A atleta marchou os 5.000 metros en 23:27.46, a súa marca persoal ata o momento.

O 2025 foi tamén o ano no que gañou o Campionato de España Sub18. No 2024 fora 11ª e en 2023 6ª sub16.