SIN-SON 10K 2018.

SIN-SON 10K 2018.

A Sin-Son 10k é un referente, tal e como amosa o elevado número de inscricións recibidas, De xeito que novamente o Concello de Porto do Son organiza  o domingo 23 de decembro a partir das 11:00 h horas a popular carreira a cal está incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. A carreira absoluta fara a saída ás 11:00h, disputarase sobre unha distancia de 10km en ruta entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON. Os participantes correrán ao longo da liña de costa divisando a espectacular paisaxe da zona, nun percorrido que non está exento de dificultades, malia que os dous últimos quilómetros da proba, en terreo chan e pendente descendente, relaxan un pouco a súa dureza.
Durante o percorrido estableceranse 2 puntos de control, un a metade do mesmo e o outro no arco da meta. O itinerario transcorrerá por un circuíto urbano de 3,5 km na localidade de Portosín, para logo acceder á AC-550 e completalo en Porto do So.

A proba estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Xunto a isto, os interesados poderán seguir a proba vía streaming, xa que está será retransmitida en directo. A data límite para facer a inscripción remata o martes 18 de decembro ás 23:59 h. 

 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.