Probas Atléticas do Sábado.

Probas Atléticas do Sábado.

O Concello de Ribadavia coa colaboración do Club Deportivo Aurum e da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a V Carreira Popular de Ribadavia, que se celebrará o sábado 22 de decembro de 2018 no Concello de Ribadavia.
Esta proba pertence ó Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores das da FGA.
Dispoñen de prazo para a inscrición ata as 20:00 horas do mércores19 de decembro.
A disputa da proba será en xornada de tarde comenzando pola categoría de pitufos (100 mts) as 16:00 horas ata conclucir coa carreira de maiores sub-18 an diante as 16:30 horas e cubrindo unha distancia de 9 km.
 
 
O sábado tamén O club Verxel Nutrición Deportiva organiza o IV Trofeo Nadal Verxel Indoor, en xornada de tarde, en Lugo, no Módulo cuberto do Estado Gregorio Pérez Rivera, coa colaboraciónda Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo.

As probas son para atletas de categoría cadete ata veteráns. A inscripción terá un custo de 2€ por atleta,cobrarase no momento da retirada do dorsal.
As inscripcións faransea través da extranet da RFEA ata as 23:59 horas do martes anterior á celebración da proba.
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.