Campionato provincial de 10 km en ruta.

Campionato provincial de 10 km en ruta.

O Campionato provincial de 10 km en ruta, terá lugar o día 16 de decembro na localidade de Ponte Noalla, no concello de San Cibrao das Viñas, coincidindo coa disputa da XVII Carreira Pedreste do Nadal. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.
No Campionato Provincial de 10km en ruta só poderán participar os atletas con licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada 2018–2019 tramitada pola Delegación Ourensana, que pertenzan a un Clube Ourensán ou que naceran na provincia de Ourense (debendo acreditar estes últimos posuír licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada en curso). Os atletas que incumpran o presente apartado non poderán participar.
As inscripcions deberán fracerse na Extranet da RFEA e dispoñen de prazo ata as 20:00 horas do luns día 10 de decembro.
 
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.