Xogade: Fase Previa Campo a Través.

Xogade: Fase Previa Campo a Través.

Este sábado 24 de Novembro tamén dará comezo a tradicional proba escolar do «Xogade», desta volta ven de convocarse a proba da Fase Previa de Campo a Través. Coma xa é tradicional desputarase no complexo deportivo de Monterrey en xornada de mañá.
A inscrición dos atletas participantes en cada competición será o martes anterior a cada proba, agás nas fases provinciais e autonómica, nas que as inscricións dos equipos participantes deberán estar a disposición da organización antes das 20.00 h do xoves da semana anterior á celebración da proba. Para as fases previas a inscrición é sen límite de atletas e sen necesidade de formar equipos. Para a final comarcal do sábado 19 de xaneiro de 2019 e o Provincial, as inscricións faranse separadas por categorias e equipos.
 
 
 
A Secretaría Xeral para o Deporte pon a disposición dos atletas un servicio de autobús que saira as 10:00 do Pavillon dos Remedios e terá a súa volta as 13:15 do complexo deportivo de MONTERREI. 
Se ruega confirmación si va a ser usado por alguno de los atletas.
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.