Axudas a deportistas ourensanos cualificados 2017-2018.

Axudas a deportistas ourensanos cualificados 2017-2018.

Ven de convocarse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense,  nº 244  do pasado  martes 23 de outubro, a Convocatoria  de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada deportiva 2017-2018.

     O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 30 de novembro actual.

Poderán ser beneficiarios as  persoas físicas que sexan deportistas federados, de categorías de base ata absoluta, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais (excluíndose, por tanto, os practicantes de deportes de equipo) de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Que posuíran ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense durante a temporada 2017-2018.

b) Aqueles deportistas que non posúan licenza federativa por ningún club ourensán na temporada 2017-2018 pero, malia o anterior, se mantivesen vinculados ao deporte ourensán durante esa temporada, sempre que exista unha causa xustificativa do feito de que non dispoñan de licenza federativa nun club ourensán, como a inexistencia de clubs ourensáns desa disciplina ou especialidade deportiva, a inadecuación destes clubs para o seu nivel de rendemento deportivo ou a necesidade de residir fóra de Ourense por motivos familiares, laborais ou académicos, ou calquera outra causa que xustifique a dita circunstancia. 

B.O.P.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.