Probas destacadas.

Probas destacadas.

O Concello de O Barco de Valdeorras, coa colaboración do club Adas-Proinor de O Barco, a Federación Galega de Atletismo e a Delegación da F.G.A en Valdeorras, organizan a XXXIIª Milla Urbana Festas do Cristo, de categoría nacional nas probas Absolutas Femenina e Masculina, as demais categorías será do calendario autonómico, o vindeiro día 16 de setembro a partir das 18:00 h. no circuíto do Paseo do Malecón de O Barco. As inscricións deberán estar no poder da organización antes do día 13 de Setembro.
 
 
 
 
VII edición do Circuíto de Carreiras Saudables Corre San2018, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.
A participación poderá ser individual ou formando parte de equipos, tanto federados como populares. Os escolares poderán a maiores formar grupos por centros escolares. A sétima edición do circuíto de carreiras CorreSAN constará de 4 probas que se disputarán nos meses de setembro,outubro, novembro e decembro. En cada proba haberá un percorrido para escolares das categorías Sub 10 e Sub 12, un percorrido para as categorías Sub 14 e Sub 16,e outro para adultos a partir da categoría Sub 18 .
As probas comezarán de xeito habitual polas probas de escolares e rematarán coa disputa da proba de adultos. Os horarios e circuítos das carreiras serán comunicados na semana anterior á disputa das mesmas nas páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.corresan.com. Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces daFederación Galega de Atletismo e empregarán o sistema de chip-dorsal que deberá conservarse durante o transcurso do circuíto para os atletas que se inscriban nas 4 probas na modalidade de circuíto.
A inscrición xeral no circuito CorreSan (4 probas) abrirá o martes 31 de xullo e pecharase o mércores 12 de setembro ás 14 horas. Abrirase un 2º prazo antes da carreira Corre San Ruta da Prata-Angrois.
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.