Carreira da Universidad. Circuito de Carreiras Populares.

Carreira da Universidad. Circuito de Carreiras Populares.

A vindeira cita co VIII Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense, terá lugar na zona da Universidade o 9 de setembro e adiantará o seu horario ás 11,00 horas.

De este xeito, a primeira das probas será para nenos e nenas nacidos dende o ano 2011 e inscritos na categoría de Pitufos, que percorrerán unha distancia de cen metros.

Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías Benxamín Sub10 (nacidos nos anos 2009 e 2010) e Alevín Sub12 (2007/2008), que correrán por un circuíto de 1.000 metros.

Ás 11:15 horas será a quenda das categorías Infantil Sub14 ((2005/2006) e Cadete Sub 18 ((2003/2004), que farán un percorrido de 3.200 metros.

Ás 11:30 horas sairán o resto das persoas inscritas. Na categoría Xuvenil Sub18 (2001/2002) terán que cubrir unha distancia de 6.400 metros. O resto de categorías (Júnior, Promesa, Sénior e Máster) percorrerán dúas veces o circuíto que atravesa diferentes rúas na zona Universitaria.

Tras a proba pola zona universitaria, as dúas últimas probas do Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense serán no barrio de A Ponte, o 30 de setembro e na Carballeira, o 21 de outubro.

 

 

Inscripciones

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.